A Copa do Rei ACB de Baloncesto visitará Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+
Presentación da Copa do Rei de Baloncesto

Presentación da Copa do Rei de Baloncesto

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, achegáronse este luns a visitar a Copa do Rei ACB de Baloncesto que estará exposta ao longo do día de hoxe e mañá no primeiro andar da Casa Consistorial. A esta visita tamén asistiron representantes de CaixaBank e do Ensino.

Ao longo da mañá numerosos curiosos achegarónse a ver o trofeo ao Concello, onde aproveitaron para fotografiarse coa Copa do Rei que pesa 18 quilos. Os aficionados que se fotografien coa copa poderán entrar nun concurso a través de Twitter, no que se sorteará material deportivo e un par de abonos para o torneo deste ano 2016, que arrancará o vindeiro 18 de febreiro na Coruña. 

A visita da Copa do Rei a Lugo está enmarcada dentro da #CopaTourCaixaBank que recorrerá durante tres semanas 10 municipios galegos. Trátase dun recorrido que nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto, un deporte que en Lugo ten moitos adeptos. 

Todos os interesados poderán visitar este trofeo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 

1 de febreiro de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.