publicidade hoxe

A Consellería do Mar inviste 70.000 euros en melloras para o Porto de Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo esta mañá unha xuntanza coa patroa maior da confraría de Camariñas, Dolores Bermúdez, na que lle trasladou que o seu departamento investirá 70.000 euros en melloras para a flota pesqueira no porto de Camariñas.

O presidente do organismo portuario ordenará a redacción dun proxecto para a creación dunha superficie de varada para as embarcacións, que levará unha canlón en todo o seu perímetro destinado á recollida de augas procedentes da limpeza e acondicionamento dos barcos.

O presidente do organismo tamén informou á patroa maior das xestións realizadas por Portos de Galicia en relación aos pequenos danos ocasionados polos últimos temporais nas instalacións do porto camariñán e anunciou a colocación de fingers para os pantaláns do sector profesional.

Estas actuacións, enmarcadas dentro dos programas de mantemento e conservación das instalacións portuarias, realízanse co fin de mellorar as vías e accesos aos portos e os servizos portuarios e náuticos, dando resposta ás necesidades dos usuarios que desenvolven a súa actividade neste porto.

25 de febreiro de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.