A Banda Municipal de Santiago súmase á conmemoración do 400º aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare cun concerto en Santa Marta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto este domingo, 28 de febreiro. Desta vez, a formación trasládase ao Centro Sociocultural de Santa Marta, onde ofrecerá unha actuación ás 12:30 horas baixo o título Cervantes e Shakespeare.

Este concerto conmemora o 400º aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare, a través dun programa que mostrará con ilustracións musicais as principais obras destes xeniais escritores. Neste caso, a Banda contará coa colaboración da narradora Ana Carreira.

A entrada é libre, previa retirada de invitación no Teatro Principal e no mesmo Centro Sociocultural de Santa Marta.

26 de febreiro de 2016 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.