publicidade hoxe

A alameda da Guarda convértese nun gran escenario con actuacións para todos os públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda propón, para os veciños e veciñas da localidade e tamén para os visitantes, un programa de Entroido moi dinámico e moi variado para que sexa atractivo para toda clases de públicos.

A música é unha parte moi importante deste cartel e a maior cantidade de actuacións, pero non as únicas, aparecen na programación do “Sábado de entroido” e do “Domingo das familias”.

Así, o sábado día 6 de febreiro, ademais de haber actividades para os nenos coma a sesión de “Contos Contados” o obradoiro de máscaras ou a proxección do filme “Rio2”, pola tarde, a partir das 19 horas terá lugar unha foliada na Alameda. 

A actuación correrá a cargo de “Os Monifates”, un dúo de música tradicional nun formato moi orixinal, xa que, os músicos están acompañados polas súas marionetas que bailan ó son da variada instrumentación que empregan.  Esta actuación está pensada para un público de todas as idades.

Ademais A Guarda celebrará a Tarde de Homes e Mulleres, todos aqueles que se transformen levarán un pequeno agasallo. 

A partir das 23,30 darán comezo, tamén na Alameda, os concertos. Nesta ocasión se contará co directo dos guardeses “The Winning Numbers” e os veciños de Baiona, “San Rockers”. A música animará a praza ata ben entrada a madrugada. 

O domingo, o “Día das Familias”, será unha xornada para que avós, pais, fillos e netos, celebren o entroido xuntos nunha festa de disfraces. Durante a tarde todas aquelas familias que se acheguen á Alameda disfrazados para gozar coa música da orquestra “Sonora” levarán un pequeno agasallo. 

A música e as diferentes actividades continuarán ao longo dos días.

3 de febreiro de 2016 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.