Vueling operará no aeroporto da Coruña cunha terceira frecuencia a Barcelona e unha nova ruta a Valencia
A compañía Vueling operará no Aeroporto de Alvedro cunha terceira frecuencia a Barcelona e implantará unha nova ruta a Valencia, segundo informou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema. Ademais, eliminará os convenios con Globalia e Iberia.
En rolda de prensa, Lema pediu tamén á Xunta que lles achegue a “súa proposta” de coordinación das rutas aéreas. “Seguimos á espera”, indicou tras indicar que “se comprometeu” a trasladarlla en novembro.
Sobre o acordo entre o Concello da Coruña, Vueling e o Consorcio de Turismo, dixo que, ademais das promocións xa existentes, atenderá “a demanda” da terceira frecuencia a Barcelona que alcanzará “os 17 voos semanais a partir de abril e maio”. Mentres, precisou que Bilbao pasará a dúas frecuencias semanais.
Así, dixo que a compañía operará con esta ruta “unicamente dende A Coruña e non tamén dende Santiago como facía ata agora”. Ao respecto, precisou que o Concello da Coruña ten “o compromiso” que “dende Santiago non van facer forza” por competir con esta ruta”.
OUTRAS RUTAS
Mentres, indicou que se manterá o enlace diario con Londres e a ruta a Sevilla, “xa asentada e que se manterá a maior parte do ano nas cinco frecuencias semanais”.
Dos voos a Canarias, indicou que no caso de Tenerife haberá unha frecuencia semanal “en toda a tempada”, mentres que no caso de Las Palmas de Gran Canaria será “máis estacionalizada” a oferta.
FRECUENCIA A VALENCIA
Por outra banda, explicou que Vueling operará con Valencia cunha nova ruta e con dúas frecuencias semanais. Sobre esta conexión, Alberto Lema dixo que teñen depositadas “moitas esperanzadas” nela.
“Encaixa perfectamente no deseño estratéxico que fixemos ao chegar aquí”, dixo sobre a actuación da Marea Atlántica tras acceder ao goberno.
CONVENIO SÓ CON VUELING
Por outra banda, o concelleiro cifrou en 1,4 millóns a contía do acordo. “Supón un aforro de 100.000 euros respecto á cifra que se pagou o ano pasado despois de renegociar o convenio”. En relación á xestión do PP, dixo que supón un aforro “de 1,6 millóns”.
Ao respecto, precisou que a contía dos convenios ascendía, ata agora, a tres millóns de euros xa que incluía a Globalia, á que pertence Air Europa, e Iberia. “Agora solo é un convenio con Vueling”, recalcou. Sobre esta decisión, dixo que A Coruña non fará “esforzos promocionales” en destinos con Madrid “porque está asentado”.
Por outra banda, avanzou que o Concello seguirá buscando “novas rutas” ou destinos internacionais. Ademais, admitiu que no aeroporto de Alvedro “faltan compañías de baixo custo que nos permitan atraer a outro perfil turístico” polo que se considerou necesario avanzar neste ámbito.











