publicidade hoxe

Vellos Tempos prepara un Entroido marcado pola reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

As lonas publicitarias do Concello do Grove terán un fin máis lúdico este mes de xaneiro. Os materiais desbotados que se almacenaban no Concello serán reempregados polos monitores e usuarios de Vellos Tempos confeccionando disfraces que teñen nese material o seu elemento principal. Trátase de lonas plastificadas impresas que habitualmente son empregadas en sistemas publicitarios móbiles ou pendurados na fachada do Concello e que, unha vez rematadas as actividades para as que son realizadas, teñen unha complexa reciclaxe ao tratarse de materiais téxtiles con alto compoñente químico.

A actividade de Vellos Tempos permite así darlle unha mellor vida a estes elementos. Tanto é así que o material recollido será obxecto non só de elaboración de disfraces, senón que nas vindeiras semanas permitirá realizar un obradoiro de confección de bolsos. Mentres, as monitoras de Vellos Tempos gardan o segredo sobre o motivo dos disfraces que os maiores lucirán nas datas de Entroido. 

25 de xaneiro de 2016 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.