publicidade hoxe

Varios accidentes provocan diversas retencións e problemas de circulación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareasSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Os viarios da contorna de Vigo rexistran retencións e problemas de circulación provocados por varios accidentes, así como por unhas condicións climatolóxicas moi adversas, con choivas intensas e fortes refachos de vento. Segundo confirmaron fontes do 112 Galicia, sobre as 10.30 horas produciuse unha saída de vía na autoestrada AP-9, no punto quilométrico 157 en sentido sur, o que orixinou algunhas retencións, xa que o coche accidentado quedou no medio da calzada.

Pouco despois, sobre as 10.55 horas, tiña lugar outra saída de vía nesa autoestrada, pasada a ponte de Rande en dirección Vigo. Unha condutora quedaba no medio da calzada tras perder o control do seu coche. Até o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial.

No quilómetro 14 da A-55, no Porriño (dirección a Tui) rexistrouse outro sinistro: unha colisión entre un turismo e un camión. Como consecuencia do impacto, a condutora do coche tivo que ser axudada por particulares a abandonar o vehículo, e foi trasladada nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Tamén se produciu un accidente con feridos na N-120, na parroquia ponteareá de Areas. Alí rexistrouse un choque entre un camión e varios coches e, como resultados, cinco persoas resultaron feridas. Neste caso, varias ambulancias asistenciais trasladaron a catro homes de entre 20 e 66 anos de idade, e a unha muller de 24 anos ao clínica Castro-Perpetuo Socorro de Vigo.

7 de xaneiro de 2016 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.