Unha avaría en Xoán de Nóvoa deixa sen subministro de auga a 40 inmobles de Ourense de forma provisional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Unha avaría localizada na rúa Xoán de Nóvoa 7 de Ourense deixou sen subministro de auga a un total de 40 inmobles da cidade, segundo informou a empresa Viaqua, empresa concesionaria da xestión da auga na cidade.

O corte afectará os inmobles situados entre o 1 e o 22 da rúa Xoán de Nóvoa, os números pares do 58 ao 66 da Avenida de Bos Aires, os números impares do 1 ao 9 da rúa Emilia Pardo Bazán e do 34 ao 26 da rúa do Bierzo.

A empresa, que xa traballa na resolución da avaría, prevé devolverlle o subministro á zona para as 13:00 horas de hoxe.

27 de xaneiro de 2016 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.