publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trinta cativos de Oroso fabrican o seu propio carbón de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Fabricación de carbón de reis

Fabricación de carbón de reis

Un total de trinta nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, participaron na tarde de onte luns no Obradoiro de Carbón de Reis, celebrado no centro cultural de Sigüeiro e organizado polo Concello de Oroso. Un obradoiro no que os pequenos aprenderon a elaborar un doce moi popular nestas datas: o carbón de Reis, a base de auga, azucre e un pouco de clara de ovo. Unha vez rematado o taller, a rapazada levou para a casa os seus doces para poder agasallar no día de Reis, tal e como marca a tradición.

5 de xaneiro de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.