publicidade hoxe

Tito Fernández Calvo imparte unha clase maxistral de cociña no curso de habilidades sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Os usuarios e usuarias do curso de habilidades  sociais que o Concello de Ordes imparte nas instalacións de Mesón do Vento viviron unha xornada moi especial grazas á visita do gran cociñeiro Tito Fernández Calvo. Baixo as súas premisas todas e todos puñéronse máns á masa e atrevéronse coa pasta fresca e cos ñoquis, os cales confeccionaron con queixo. Tito Fernández dixo de volver a participar desta iniciativa en canto a súa axenda llo permita. Trátase dun dos nomes propios non só da cociña ordense senón a nivel autonómico. No seu currículum destaca o seu labor en establecementos de alto prestixio como o Hesperia Finisterre, Hesperia Ferrol, Gran Hotel A Toxa, Hotel Puerta del Camino (Santiago), Pazo Villariza (Arteixo), ou o restaurante Sant Celoni dotado con dúas estrelas Michelín, entre outros moitos. 

20 de xaneiro de 2016 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.