publicidade hoxe

Salvaterra presenta un atractivo programa de Entroido para os cativos do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

“Nas celebracións de Entroido pensamos especialmente nos cativos do municipio organizando actividades axeitadas e divertidas para tódolos nenos e nenas”, explica a Tenente de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel.

Así, o programa comeza o venres, 5 de febreiro cun Desfile de Entroido coa participación dos centros educativos de Salvaterra. O desfile partirá da praza do Concello cara ao Parque de A Canuda, onde se realizarán diversas actividades e os centros contarán cun grupo de animación infantil. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón de Leirado.

O sábado 6 de febreiro, Obradoiro Infantil de Disfraces para nenos e nenas a partir dos 6 anos, entre 11.00 e 13.00 horas, terá lugar na casa de Cultura do Concello.

O Obradoiro Infantil de Máscaras, para nenos e nenas a partir dos 6 anos,  vai ser o luns 8 de febreiro tamén de 11.00 a 13.00 horas, na Casa de Cultura do Concello.

Para participar nos obradoiros de Disfraces e Máscaras cómpre inscribirse no Concello (986 658 082).

O martes 9 celebrarase o gran Festival Infantil a partir  das 17.30, na Casa de Cultura do Concello. Haberá chocolate, rosca e Karaoke xunto co Concurso de Disfraces. As bases para este concurso poden atoparse na web do Concello de Salvaterra (www.concellodesalvaterra.org).

O mércores 10, haberá Xogos Infantís para os mais cativos, dende as 16.30 horas, na praza do Concello. En caso de choiva, suspenderanse.

E, finalmente, o sábado 13,  Enterro da Lamprea, ás 19.00 horas. Prégase acudir de rigoroso loito. 

25 de xaneiro de 2016 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.