Propostas seis candidaturas para os Premios Cidade de Pontevedra
Seis candidaturas, vencelladas ao deporte, a cultura e educación e a empresa, disputarán os premios Cidade de Pontevedra. Dúas delas na categoría de persoas físicas e catro na categoría de persoas xurídicas.
Os candidatos na categoría de persoa física son:
. Carlos Solla Varela. Profesor, etnógrafo e escritor. Membro da Asociación Ecoloxista “Verbo Xido” e co fundador do Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca” e do Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC). A proposta é da Asociación Vaipolorío Evaristo Portela Acuña. Ex ciclista profesional e director deportivo do Super Froiz dende 1987, un equipo de ciclismo afeccionado que hoxe é un referente no Estado. Proposto pola Aula de Educación Vial Pontevedra .
Os candidatos na categoría de persoa xurídica son:
.Club de taekwondo Mace-Sport. Acumula éxitos deportivos dende 1991. Foi presentado pola Asociación Galega de Wallball e Paddeball (AGWP). A entidade que dirixe Miguel Ángel Cortegoso
. Festa HQR! Nada en 2000 como unha festa do deporte base é xa cita referente na cidade. A candidatura foi presentada pola Federación de asociacións de veciños Teucro.
. IES Luis Seoane. Un instituto de barrio con proxección internacional que fai bandeira da inclusión, a igualdade, o respecto á diversidade e a solidariedade. A proposta chega da man Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro e sa Asociación de Pais e Nais (ANPA) do instituto
. Espacio Arroelo. Un espazo de coworking no centro de Pontevedra. Proposta presentada polo Programa Colabora 15. Chegaraon tamén os primeiros apoios a distintas candidaturas. A Asociación Cultural Santísimo Cristo del Consuelo de Lérez, a Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra súmanse a proposta de Evaristo Portela. Pola súa parte o Club de Piragüismo Verducido Pontillón, a AGWP, a Asociaición Micolóxica Brincabois, a Asociación Educativa Monte Saíñas dan o seu apoio a Mace-Sport.
HQR ten os apoios de Salvamento Acuático Pontevedra, o Club Voleibol Pontevedra, a Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra, Clube de Loita Pontevedra e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O xurado reunirase a próxima semana para decidir quen recibirá os premios que levan o nome da cidade este ano. Forman parte do xurado, ademais dos representantes dos distintos grupos municipais, un representante elixido entre as asociación veciñais, outro entre as entidades culturais e un terceiro entre os medios de comunicación.
A decisión do xurado ten que ser ratificada Corporación municipal. Un pleno de Honra, no Teatro Principal, é o escenario no que se entregan as distincións. Será o 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián, patrón de Pontevedra.











