publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia comezará a vindeira semana as obras de construción da ponte de Covelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, comezará a vindeira semana as obras de construción da ponte de Covelo, no concello pontevedrés de Poio. Así o anunciaron hoxe técnicos de Portos de Galicia nunha xuntanza cos membros da corporación deste concello pontevedrés e a representantes das asociacións e colectivos veciñais.

En relación ao adiamento do inicio das obras, os técnicos de Portos explicaron na reunión que dependen da necesidade de conseguir os permisos pertinentes das obras que neste momento está a levar a cabo a compañía eléctrica responsable de trasladar as liñas de enerxía actuais. Este é un requisito fundamental para que Portos de Galicia poida desenvolver os traballos de remodelación e acondicionamento da ponte de Covelo.

Ademais, os técnicos de Portos lembraron que houbo que modificar o proxecto nalgúns aspectos. Isto foi debido a que no seu momento se lle solicitou colaboración ao concello para a busca dun acceso alternativo ao porto para o período de duración das obras e Portos non obtivo resposta a esta petición.

27 de xaneiro de 2016 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.