Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan para minimizar as incidencias causadas polo temporal en Lugo
Efectivos de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan conxuntamente arreo dende primeira hora da mañá para minimizar as incidencias provocadas polo temporal de choiva e vento que previran os servizos metereolóxicos.
Os servizos do Concello de Lugo atenderon unha decena de incidencias co fin de garantir a asistencia aos veciños e veciñas e a resolución dos problemas que puideran ocasionar tanto o vento como a choiva rexistrados durante esta pasada noite e o día de hoxe:
– Ás 07:20 horas: Bolsa de auga na ronda das Fontiñas 170, quedando solucionada ás 08:10 h.
– Ás 08:15 horas: Bolsa auga nunha vía pública en Galegos nas inmediacións da Igrexa.
– Ás 08:20 horas: Arbore caída na parroquia de San Vicente do Burgo, no lugar de Carrigueiros.
– Ás 08:56 horas: Inundación e danos importantes nun inmoble da Louzaneta, concretamente na rúa Airas 25.
– Ás 09:01 horas: Inundación nun inmoble da rúa Garaballa de Arriba 212.
– Ás 10:15 horas: Filtracións de auga a un establecemento comercial na rúa Julia Minguillón 45.
– Ás 11:15 horas: Inundación nun inmoble da rúa da Xesta 10.
– Ás 11: 25 horas: Inundación nun inmoble da rúa Piñeiral 17.
– Ás 11:35 horas: Inundación nun inmoble do barrio da Chanca 18.
– Ás 12:30 horas: Inundación nun inmoble da ronda Muralla 186.
O Concello ten pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta amarela activada por vento, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá.











