publicidade hoxe

Palas de Rei pon en marcha talleres prácticos sobre as ferramentas para a búsqueda de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O CONCELLO DE PALAS DE REI  a través do Servizo de Orientación Laboral pon en marcha dous TALLERES PRÁCTICOS SOBRE AS FERRAMENTAS PARA A BUSQUEDA DE EMPREGO, un de iniciación e outro de nivel máis avanzado, é unha XORNADA INFORMATIVA SOBRE O SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL esta última destinada a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que neste momento non se atopen estudiando nin traballando.

Os talleres son gratuitos  e vanse desenvolver nas seguintes datas:

-TALLER  PRÁCTICO: “OS PRIMEIROS PASOS NA BUSQUEDA DE EMPREGO” no mes de Febreiro (12-02-2016 de 10:00 a 13:00).Lugar de Celebración: BIBLIOTECA MUNICIPAL.

-TALLER PRÁCTICO: “BUSQUEDA DE EMPREGO A TRAVÉS DA WEB 2.0” no mes de Marzo (11-03-2016 de 10:00 a 13:00).Lugar de Celebración: BIBLIOTECA MUNICIPAL

-XORNADA INFORMATIVA: O SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL no mes de Abril (15-04-2016  de 10: 00 a 12:00). Lugar de Celebración: CASA DA CULTURA

Con ditos talleres o que se pretende é dotar ás persoas desempregadas de ferramentas que lle axuden a atopar un traballo con maior facilidade e familiarizarse dunha maneira práctica e amena co uso de distintas técnicas para a búsqueda de emprego, coñecerán recursos e servizos á súa disposición para mellorar a súa busca activa de emprego . 

Mais información e inscricios no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Palas de Rei (Avenida de Compostela, nº 28). Telef. 9823800 01 – Venres de 08:30 a 15:00

26 de xaneiro de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.