Os xulgados de Santiago esperan un informe sobre a situación das monxas retidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago está á espera de recibir un informe sobre a situación actual das monxas supostamente retidas nun convento de clausura da capital compostelana para poder continuar coa causa.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a investigación irá a repartición entre un dos tres xulgados de instrución da cidade antes de practicar novas dilixencias, dado que os feitos que se investigan aconteceron “en data inconcreta”.

Esta repartición realizarase cando o Xulgado número 1, que estaba de garda cando se recibiu a denuncia, reciba un último oficio, o informe sobre onde se atopan actualmente as monxas. Posteriormente, remitirá a causa ao Decanato para efectuar a repartición.

A Fiscalía tamén está pendente da repartición da causa para decidir qué pasos a seguir. Dado que as monxas implicadas no caso decidiron non interpoñer denuncia, será o Ministerio Fiscal o que terá que valorar “os indicios” derivados das declaracións e as dilixencias para decidir se actúa de oficio.

27 de xaneiro de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.