Os fisioterapeutas da Selección Española de Fútbol impartirán un curso especializado en Balaídos
Raúl Martínez e Fernando Galán, fisioterapeutas da selección española absoluta de fútbol, serán os encargados de impartir un curso de 20 horas os días 15, 16 e 17 de xaneiro baixo o título “TERAPIA FASCIAL”. Ambos os técnicos son referencia internacional na materia pola súa gran experiencia con deportistas de elite e por ser pioneiros na investigación do comportamento do tecido fascial en resposta a técnicas manuais aplicadas en fisioterapia.
Este curso, que conta aínda con prazas dispoñibles, está enmarcado no programa formativo que esta tempada están a levar a cabo os preparadores de club celeste co apoio da Fundación Celta. O obxectivo deste proxecto é traer á cidade a recoñecidos especialistas en diversas materias relacionadas coa fisioterapia para ofrecer aos profesionais da zona que estean interesados a oportunidade de coñecer de primeira man as innovadoras técnicas que empregan os expertos da elite do fútbol español. Ademais, conta co apoio de Total Agents Sport, especialistas en formación deportiva e Capenergy Medical, fabricante de tecnoloxía sanitaria e provedor oficial do Real Club Celta.
Tras o éxito dos cursos realizados durante os meses de novembro e decembro, o Real Club Celta e a súa Fundación continúan traballando para chegar a máis profesionais e ofrecerlles unha formación do máximo nivel. Aqueles que estean interesados en participar nos cursos poden solicitar información escribindo directamente aos correos electrónicos dos fisioterapeutas do club, organizadores do curso: evieitoro@yahoo.es ou salva.dominguez@hotmail.com











