Os abonados do Rio Natura Monbus Obradoiro definen Sar coas súas emocións
“O Rio Natura Monbus Obradoiro é garantía dun cóctel de emocións cada quince días en Sar, aínda que nunca sabes cales van tocar”. Así define Ana Moreno, abonada desde fai catro tempadas, ao equipo da súa cidade.
“Tras o partido deste pasado fin de semana non queda dúbidas de que o que gusta deste equipo é que nunca se rende”, explica Juan. El abonouse por primeira vez este ano, xa que antes non vivía en Galicia “pero sígoo desde antes do ascenso a Liga Endesa. É un fito que unha cidade pequena como Compostela poida contar con tal proxecto”, explica o seu parecer. “Unha vez máis o equipo está a cumprir e traballando, non teño a menor dúbida de que na segunda volta poderemos celebrar a permanencia”, aventura do que queda de tempada.
Para quen como Jesús e Teresa, acábase de abonar a esta segunda volta, a ilusión é o que prima: “Fixemos o abono familiar de catro porque ás nosas dúas fillas encántalles vir e cantan o Miudiño todo o partido”, chancean. Eles xa foron abonados, tamén de segunda volta, na anterior campaña, polo que tiveron un 10% de desconto. “Non só aforras diñeiro en entradas, senón que é a comodidade de non ter que preocuparche de nada máis que de vir e sentarte no teu sitio a gozalo”, explican.
Os prezos xerais van desde os 145 aos 345 euros polos oito encontros da segunda volta en Sar, ademais do último da primeira volta, ante Iberostar Tenerife (sábado 16, 20:00 horas) incluído de agasallo. Ademais, existen prezos familiares especiais e Prezos Reducidos para maiores de 65, menores de 18, estudantes menores de 25 anos, desempregados desde hai máis de seis meses ou federados do ámbito do baloncesto.
Quen queira sumarse a este #ocamiñodailusion e vivir mil emociones en Sar, pode facer o seu abono mediante a páxina web do club ou en oficinas, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.











