Oito medallas para a Ximnástica no Campionato de Galicia Sub23
Conxuntamente co Campionato galego Absoluto de pista cuberta, celebrouse o da categoría Promesa, os sub23 e nas carreiras de 3.000 metros e 1.500 metros, tamén foi o das categorías Júnior e Xuvenil.
Mentres que na categoría Promesa, o combinado pontevedrés sumou 5 preseas, os corredores Júnior e Xuvenil, colgáronse outras 3 preseas.
Paula Martín foi a que sumou máis metais con tres, dous dourados e 1 prateada; a pupila de Santi Ferrer impúxose na súa categoría no salto con pértega, con 2,62 metros e o salto de lonxitude con 4,93 metros; nos 50 metros valas, asinou en meta 9,92 segundos, que lle deron a prata. A súa compañeira de equipo, María Castro, acompañou a Paula no podio da Pértega Promesa, para colgarse a medalla de prata con 2,12 metros. A única medalla masculina foi para Jon Alonso con 23,45 segundos na proba de 200 metros, que lle deu a medalla de bronce.
Na categoría Júnior, Jorge Puig ademais de levar o Ouro no campionato absoluto, como xa anunciaramos, foi tamén medalla de ouro na categoría Júnior. Tamén conseguiu outro Ouro, Fernando Rial, na categoría Xuvenil da distancia de 3.000 metros cun rexistro de 9.34.12.
Por último completaron os postos de podio, Xavier Rodríguez que foi prata na categoría Júnior dos 1.500 metros con 4.25.60.
A unha semana para a Copa do Rei, os atletas da Ximnástica apuran o seu estado de forma
Moi bos resultados os cultivados polos atletas da Sociedade Ximnástica nas súas últimas competicións antes da Copa do Rei. En Madrid Gonzalo estivo moi ocupado participando nas distancias de 60 metros, 200 metros e 300 metros, con bos rexistros, 7.00, 22.11, 35.08, respectivamente. Competiu tamén Eduardo Gallardo nos 300 metros, cun tempo de 35.18.
En Antequera Alberto Salcedo correu a distancia dos 60 metros en 6.91, aínda que hai uns días debutou na tempada na súa proba talismán os 200 metros cun fantástico rexistro de 21.68, demostrando que pode facer unha gran carreira en Valencia. Tamén estivo Lysvanys Pérez, cunha marca de 15,17 no triplo salto.











