O vicepresidente da Deputación de Ourense participa na reunión da Comisión de deputacións da FEMP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares que se celebrou na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Na reunión analizouse a defensa do papel que deben ter as deputacións na execución dos Fondos Feder e a participación neles dos pequenos municipios. Neste sentido, acordouse solicitar que os municipios menores de 20.000 habitantes poidan acceder aos ditos fondos comunitarios. Tamén se tratou na xuntanza o “Plan de Traballo 2015-2019”, no marco do cal levaranse a cabo actuacións da Comisión encamiñadas a aumentar a visibilidade das Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares, e constituirase unha Subcomisión Permanente da Comisión de Deputacións, un órgano que estará formado por 15 membros e que terá como obxectivo coordinar os asuntos aprobados na comisión.

20 de xaneiro de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.