publicidade hoxe

O ‘Mercado do troco’ despide en Ordes as actividades de conciliación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Mercado do troco

Mercado do troco

Os nenos e nenas que participaron estas vacacións de Nadal nas actividades de conciliación levaron hoxe a cabo o seu ‘Mercado do Troco’. Trátase dunha iniciativa en favor de Cáritas mediante a que veciños e veciñas puideron intercambiar alimentos, xoguetes ou material escolar por obexectos decorativos e agasallos realizados polos propios rapaces e rapazas. Entre os que acudiron a visitar o posto instalado na entrada principal do Concello vello estivieron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjujo, acompañado polas concelleiras Susana García e Ana Soneira. Todos eles estiveron dacordo en amosar o seu apoio a iniciativas deste tipo nas que “ademais de divertirse tamén se adquiren valores sociais, desenvolvendo a xenerosidade e empatía de cara aos máis desfavorecidos”.

5 de xaneiro de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.