publicidade hoxe

O goberno local de Bueu adxudica as obras da nave de deportes náuticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A Xunta de Goberno Local celebrada onte aprobou a adxudicación das obras na nave de deportes náuticos de Pescadoira a Ceta Contratas S.L.  cun custe de 46.735 euros, con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015), e no que se presentaron un total de dezanove empresas.

O proxecto inclúe a retirada da actual cuberta, debido ao mal estado da actual, e a substitución por unha nova de panel sándwich e con novas baixantes de aluminio, para evitar o quentamento da nave debido aos raios solares.  Tamén se dotará á nave de iluminación natural interior.

Esta obra vai mellorar amplamente as condicións da nave de Pescadoira a que, por outra banda, a finais de maio o Concello tamén recibiu a concesión por parte do Ministerio de Agricultura para a súa rehabilitación completa. En concreto, o obxectivo do executivo buenense é a remodelación da nave para utilizala como almacén, taller de embarcacións e práctica de remo, así como para outras actividades vinculadas con este deporte.

19 de xaneiro de 2016 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.