O goberno galego retoma os traballos de retirada de vexetación da Muralla de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, anunciou que se retomaron os traballos de retirada de vexetación e herbas dos lenzos da muralla romana da capital da provincia. Arias sostivo este mércores que se trata de “traballos que se fan durante todo o ano” e precisou que “nestes momentos o que se está a facer é retirar vexetación”.

Ademais, sinalou que “o mantemento” do monumento Patrimonio da Humanidade “supón tamén repoñer aquelas partes que se van deteriorando ou aquelas luces que deixan de funcionar”. “Todo o que é o mantemento é para o que hai un contrato en vigor que será ata maio de 2017 e polo que a Xunta paga 640.000 euros”, explicou.

A ‘tractorada’ en protesta polos baixos prezos do leite, con máis de 300 tractores cercando a muralla durante máis dun mes dende o 10 de decembro nunha acción concertada polo colectivo de Agromuralla, puido dificultar a realización “dalgúns traballos”, apuntou.

“É un traballo que non se puido facer en aqueles momentos pero había outros traballos que facer na muralla e estes se fai agora sen ningún problema”, concluíu.

27 de xaneiro de 2016 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.