O goberno de Ames vai licitar o servizo de cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O goberno municipal está avaliando a situación contractual de varios servizos municipais. Seguindo esta liña de traballo durante o mes de xaneiro estanse elaborando os pregos do concurso público que se abrirá para licitar o servizo de cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro. Está previsto que esta cafetería abra durante o primeiro trimestre de 2016. Como solución temporal, no espazo da cafetería, vanse colocar máquinas expendedora de aperitivos, así como de bebidas quentes e refrescantes para dar servizo ao persoal municipal que traballa neste centro sociocultural e ás persoas que acoden a diferentes actividades que se imparten nestas instalacións.

Dende o pasado 1 de xaneiro a cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro permanece pechada. O Concello de Ames xa está traballando para abrir un proceso público de licitación co obxectivo de adxudicar o servizo o antes posible. Nestes intres, o persoal do departamento municipal de contratación está traballando na elaboración dos pregos do concurso público que se abrirá. Estes pregos serán aprobados proximamente en Xunta de Goberno Local co fin de que poidan presentarse as empresas e autónomos que estean interesadas/os en optar a prestar este servizo.

O concelleiro de Cultura, David Santomil, explica que “esta proposta vai na liña de regularizar os servizos municipais, tendo en conta o plan de contratación do primeiro semestre de 2016. Durante o mes de xaneiro vanse elaborar os pregos para sacar a concurso o servizo da cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, estes pregos incluirán unha serie de cláusulas sociais. Na actualidade, dende o goberno municipal estase a levar a cabo unha avaliación da situación contractual doutros servizos polo que se poderían abrir novos procesos de licitación”. 

David Santomil indica que “está previsto que a cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro abra durante o primeiro trimestre de 2016. Estanse elaborando os pregos o máis rápido posible, pero as cousas ben feitas levan o seu tempo. Intentamos volver a ofrecer este servizo o máis axiña posible”.

Como solución temporal, no espazo da cafetería, vanse colocar máquinas expendedora de aperitivos, así como de bebidas quentes e refrescantes para dar servizo ao persoal municipal que traballa neste centro sociocultural e ás persoas que acoden a diferentes actividades que se imparten nestas instalacións.

7 de xaneiro de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.