O Consorcio provincial de bombeiros de Lugo aproba un orzamento para 2016 de 4,8 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Consorcio provincial de bombeiros de Lugo aprobou hoxe un orzamento de 4,8 millóns de euros para 2016, unha cantidade asumida nun 50% pola Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

O Pleno, no que participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, aprobou a inclusión do Consorcio Provincial de Bombeiros na RESGAL, unha rede oficial de comunicación, directa e a tempo real, dos traballadores de emerxencias, na que se integran, entre outros, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), Protección Civil ou Brigadistas da Xunta de Galicia, entre outros.

O orzamento descendeu, con respecto ao ano pasado, nun 7,9 por cento que corresponden cos 420.000 euros destinados no 2015 á adquisición de diverso material de rescate para os diferentes parques de bombeiros, así como para a compra dunha bomba nodriza para as instalacións de Monforte de Lemos. Con este investimento conseguiuse que todos os parques de bombeiros da provincia quedaron en igualdade de condicións.

29 de xaneiro de 2016 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.