publicidade hoxe

O Concello do Grove lembra aos usuarios que dispoñen de asesoramento para as reclamacións polo apagón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove informa de que aqueles particulares que o precisen poden dirixirse a OMIC (no edificio administrativo en horario de atención ao público) para contar con asesoramento e axuda nas súas reclamacións polos problemas que o apagón do 1 de xaneiro lles poida ter provocado. Dende esta oficina indican que o aconsellable é comezar coa reclamación aos seguros de vivenda, naqueles casos nos que se dispoña do mesmo. Cando non se dispoña deste ou non se faga cargo, a OMIC poderá asesorar sobre os pasos a seguir para realizar a reclamación. 

Reclamacións de hostalería e comercio 

Ademais das reclamacións particulares o Concello do Grove manterá unha reunión coas asociacións empresariais do Concello para recoller información sobre os problemas provocados polo corte de luz. O vindeiro venres o Alcalde do Grove manterá unha reunión co Delegado territorial da Xunta de Galicia, Cores Tourís, e técnicos da Consellería de Industria e os responsables da empresa subministradora, Unión Fenosa, xunto cos alcaldes dos outros Concellos afectados.

Nesa reunión esixirase que a empresa subministradora se faga cargo da gravidade dos problemas que se está xerando con estes cortes recurrentes en zonas de importancia turística como O Grove, polo que é preciso plantexar algún sistema de garantía que evite estas situacións. 

Ademais disto, de cara a este encontro os servizos municipais están realizando os correspondentes informes para estimar as incidencias que o apagón tivo nos recursos públicos (avarías ou estragos de aparataxe eléctrico). 

5 de xaneiro de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.