O Concello de Ribadumia tramitará a “tarxeta de benvida” para familias con fillos/as nados no 2016
Dende o Concello de Ribadumia informamos que xa está aberto o prazo para solicitar a axuda económica convocada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da tarxeta de benvida para as familias con fillos e fillas nados en 2016 (100€/mes no primeiro ano).
Poderán ser beneficiarias as persoas residentes en Galicia que teñan fillos/as (tanto por natureza como por adopción) nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016 e que non superen na declaración do IRPF do 2014 os 45.000€ ou, no seu caso, os 13.500€ por cabeza.
Os interesados poderán acudir ó departamento de Intervención Familiar dos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia, onde ademais das inscricións, tamén se lles facilitará toda a información que precisen.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día do nacemento do neno/a e estará aberto durante todo o ano.
A documentación necesaria é a seguinte:
-Fotocopia DNI dos pais
-Fotocopia do libro de familia
-Certificado de convivencia
-Copia da declaración do IRPF do ano 2014.