publicidade hoxe

O Concello de Ares tramita as solicitudes de axuda do ticket eléctrico social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, que dirixe a edil socialista Victoria Montenegro, informa da tramitación nestas dependencias municipais das solicitudes de axuda económica para o pagamento de parte da factura eléctrica.

Tal e como informan dende o Consistorio, esta axuda autonómica, coñecida como ticket eléctrico social, consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo,  contemplando unha cantidade fixa de 90 euros semestrais, que ascenden a 150 no caso das familias numerosas.

Os servicios sociais municipais tramitarán estas axudas para aqueles veciños que cumpran cos requisitos fixados pola Administración autonómica (unidades de convivencia da Comunidade Autónoma de Galicia, nas que residan menores de idade ou discapacitados cun grao maior do 33% e cuns ingresos totais anuais inferiores ao 1.5 veces o IPREM, 9.585,19 €, imputados no 2014).

O  prazo de solicitude está aberto ata o día 31 de xullo.

26 de xaneiro de 2016 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.