O Concello da Coruña adxudica o programa para enviar a estudantes de ciclos medios da cidade a facer prácticas laborais en varios países de Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña vén de adxudicar o programa Bolsas Europa FPProxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria Porutal, e Polonia. A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, é a encargada de desenvolver este proxecto a través do Servizo Municipal de Educación.”Este Concello aposta pola ilusión da xuventude no seu futuro e acaba de adxudicar o contrato que xestionará este Proxecto Acoreuropa que consiste na realización de prácticas en empresas do estranxeiro, algo que vemos moi beneficioso, tamén para a inmersión lingüística”, comentou a responsable municipal.

O programa vai dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de 2017, en dúas convocatorias. A primeira, para 30 participantes, está encamiñada a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro deste ano. A segunda convocatoria, de 20 prazas, está reservada para estudantes que titulen en xuño deste ano.

O alumnado aceptado para a primeira convocatoria realizará prácticas de marzo a maio deste ano, mentres que os e as estudantes da segunda convocatoria estarán nos destinos asignados entre outubro e decembro. Para a escolla do alumnado teranse en conta as cualificacións obtidas nos estudos, a valoración que faga o centro de cada solicitante e o resultado dunha entrevista persoal que se fará a través dunha Comisión de Valoración no que estarán representados o Servizo Municipal de Educación e os centros educativos participantes. O coñecemento de idiomas estranxeiros tamén se terá en conta, pero non é requisito imprescindible. A inscrición correspondente a segunda convocatoria poderá realizarse, a partir do mes de xullo, a través da web educativa do Concello, www.edu.coruna.es .

As 50 bolsas distribúense da seguinte maneira: 7 prazas para Reino Unido (Portsmouth Inglaterra ou Belfast Irlanda do Norte) ; 8 para Irlanda (Cork ou Dublin); 15 para Italia (Roma e Florencia); 5 para Austria (Viena); 10 para Portugal (Lisboa) e 5 para Polonia (Cracovia). As bolsas inclúen todos os gastos, xa que cobren as viaxes de ida e volta, o aloxamento e un seguro de accidentes e sanitario. Ademais, os participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía, que oscilará entre os 600 e os 1.000 euros dependendo do país de destino. O Concello tamén se encarga de organizar as viaxes, os aloxamentos para os participantes e a busca de empresas onde facer as prácticas.

8 de xaneiro de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.