O concelleiro de Emprego e Economía Social promociona á Coruña en Madrid Fusión
A Coruña iniciou esta mañá a súa promoción como destino turístico gastronómico de referencia na XIV edición do cumio internacional Madrid Fusión, que se celebra entre os días 25 e 27 deste mes na capital madrileña. A cidade conta cun stand propio na ‘Avenida Saborea España’, na que once cidades do Estado español dan a coñecer a súa cociña, así como os atractivos para os visitantes. Entre eles, A Coruña é o único destino galego presente. O forte potencial do municipio como zona turístico gastronómica foi explicado polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que asiste “co obxectivo de posicionar a cidade como destino gastronómico entre profesionais do sector, prensa especializada, influencers e bloggers gastronómicos”.
Manuela Carmena, a alcaldesa de Madrid cidade acolledora do eventofoi a encargada de inaugurar o congreso gastronómico esta mañá, cando conversou co concelleiro Lema, responsable municipal de Turismo sobre as potencialidades da Coruña neste ámbito. Na súa visita pola feira, que se celebra no Palacio de Congreso, a responsable municipal se detivo no stand da Coruña, onde degustou unha porción de torta cascarilleira de queixo cremoso Arzúa.
Carmena interesouse pola orixe da cascarilla como produto de uso alimentario e a súa vinculación coa cidade da Coruña. Esta torta cunha base de cascarilla é un dos bocados que representaron á Coruña neste foro culinario. Na xornada do luns tamén se serviron viños de uva Godello e Mencía da D.O. Valdeorras e aperitivos de mexillóns con algas en escabeche branco, empanada á coruñesa e berberechos ao vapor. A cita principal do luns foi na sesión “Descobre destinos”, da que foron protagonistas do día A Coruña e Sevilla. A cidade promocionou entre as 16.00 e as 17.00 horas a primeira edición de “Lacónicas, Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos”, e serviu unha degustación de bocados de pan de peso galego, lacón prensado, queixo ArzúaUlloa curado e chimichurri de algas.
A promoción da cidade como destino gastronómico de referencia da cociña atlántica en Madrid Fusión continúa este martes e o mércores co seguinte programa:
Martes 26
11.30 16.00 horas: Saborea A Coruña en pequenos bocados: salpicón puro atlántico e bocado de pescada do pincho con pel de leituga de mar e allada galega.
17.00 a 18.00 horas: Sesión Aperitivo: mexillóns con algas en escabeche branco, empanada á coruñesa e berberechos ao vapor.
Mércores 27
11.00 a 12.00 horas. Momentos doces Saborea España: Torta cascarilleira de queixo cremoso ArzúaUlloa.
14.00a 15.00 horas: Sesión V: Viños da D.O. Valdeorras. 17.0018.00 horas: Sesión Aperitivo: mexillóns con algas en escabeche branco, empanada á coruñesa e berberechos ao vapor.











