O Colexio de Avogados de Lugo apraza decidir sobre o avogado de Besteiro ao pedir este a denuncia en castelán
O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, asegurou que a entidade apraza a resolución do expediente aberto a Cándido Cónde-Pumpido, o letrado que defende o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, no caso do Garañón, ao alegar este que “non entende a denuncia” en galego”.
O expediente informativo está ligado cunha vista da causa denunciada polo avogado da Asociación en Defensa das Costas do Parque Rosalía de Castro Julio López.
Segundo este, na mesma sala na que se atopaba unha testemuña que declarou por videoconferencia dende Madrid se achaba Conde-Pumpido puídose ver Conde-Pumpido na parte final da declaración e como a testemuña o preguntaba “¿a que veñen esas preguntas?”
O Colexio de Avogados de Lugo tiña previsto decidir na súa xunta de goberno se procedía sancionar ou non ao avogado de Besteiro, pero Mondelo explicou que, tras recibir a denuncia, este alegou “que non entende a denuncia en galego e solicita que se lle remita traducida ao castelán”.
Ante esta alegación, sinalou que o Colexio lle deu traslado ao denunciante, Julio López, desta cuestión, co fin de que a traduza. Unha vez que isto aconteza, “volveráselle remitir e volverá contar cun prazo de dez días para facer alegacións”.
“COMPORTAMENTO DESLEAL”
Félix Mondelo recordou que o expediente se cursa “por un comportamento presuntamente desleal por parte de Conde-Pumpido, ao non vir a unha proba testifical que tiña sinalada en Lugo e nese mesmo día e a esa mesma hora estaba na mesma proba testifical acompañando unha testemuña que estaba a declarar por videoconferencia en Madrid”.
Ademais, engadiu que a denuncia se substancia tamén ao lle “achacar un comportamento desleal cos compañeiros por dar as noticias á prensa antes que ás partes comparecidas no procedemento”.











