O clúster Turismo de Galicia xestionou nas mesas de traballo de Fitur case 300 novos contactos profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Mesas de traballo en Fitur

Mesas de traballo en Fitur

No marco da celebración da 36ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2016, o Clúster do Turismo de Galicia xestionou na área de traballo anexa á área de presentacións na caseta de Galicia ao redor de 300 novos contactos e máis de 250 encontros de traballo entre profesionais ao longo destes tres días de feira orientado a profesionais, que tiveron á súa disposición un total de 12 mesas de traballo.

Durante os días dedicados ao sector profesional, do 20 ao 22 de xaneiro, o espazo de Galicia en Fitur acolleu, ademais de 33 presentacións de produtos e destinos, unha intensa actividade de networking que permitiu pechar encontros entre hoteleiros, responsables de TIC, mercadotecnia, comunicación e promoción orientadas ao sector turístico, así como iniciar contactos entre OPC`s, almacenistas, motor de reservas, axencias de viaxes e empresas de receptivo que se interesaron polo destino Galicia, con especial fincapé no Camiño de Santiago e en turismo activo procedentes na súa maior parte de España pero tamén de países como China, Rusia, Reino Unido ou Italia. 

Os encontros sucedéronse nas mesas habilitadas para tal fin na caseta de Galicia, en franxas de 30 minutos e co apoio de persoal de asistencia técnica do Clúster do Turismo, que orientou e asesorou sobre as necesidades de cada un dos profesionais que se achegaron a interesarse pola oferta turística galega, derivando a cada solicitante a que se lle puidese ofrecer resposta á súa solicitude. 

Incremento do 25%

Desde o Clúster o seu presidente, Francisco González, valorou moi positivamente o incremento de reunións de traballo, que foi de en torno ao 25% con respecto a 2015, no segundo ano de funcionamento deste punto de networking para profesionais, que “demostrou dar unha resposta efectiva para o sector turístico galego, que descubriu un espazo idóneo para completar o seu traballo en Fitur”. 

Durante estes días, tamén se desenvolveu un novo workshop de Hosted Buyers, que nunha área especialmente habilitada para tal fin no pavillón, 9, do mesmo xeito que se fixo na edición pasada.

25 de xaneiro de 2016 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.