publicidade hoxe

O cineclub de Bueu acolle a proxección de “Viaje a Sils Maria”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Cineclub de Bueu estrea o ano 2016 coa proxección da película Viaje a Sils Maria de Olivier Assayas. A película pasarase en dobre sesión, en versión dobrada ao castelán ás 19:00, e orixinal subtitulada ás 22:00 este sábado, 9 de xaneiro, no Centro Social do Mar. O custe de entrada será de 2 euros para socios e de 3,50 para os non socios.

SINOPSE: Durante a súa visita a Sils Maria en Suíza, Maria Ender (Juliette Binoche, El paciente inglés), unha veterana actriz de mediana idade, bota a mirada atrás para analizar a súa vida. Lembra con emoción os seus anos de éxito, sinceramente anhela esa época na que todo o mundo a quería e a recoñecía, pero ese tempo xa pasou, agora é unha actriz a piques de se retirar. A envexa apoderarase dela cando coñeza a Jo-Ann (Chloë Grace Moretz, La invención de Hugo), unha nova promesa que interpretará o papel que no pasado lle lanzou á fama.

7 de xaneiro de 2016 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.