publicidade hoxe

O Centro Social do Mar acollerá a conferencia anual Plácido Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O próximo venres 22 de xaneiro ás 20 horas terá lugar a XVII Conferencia Anual Plácido Castro no Centro Social do Mar cunha conferencia sobre “Plácido Castro, Johán Carballeira e temas do seu tempo”.

O acto estará impartido por Uxío Breográn Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario. El é ademais autor de diversos relatorios e artigos en revistas especializadas, así coma de libros, caso de “A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto”, “Fundación Alexandre Bóveda”, 2002; “Álvaro de las Casas.

Biografía e Epistolario”, Galaxia, 2003; ou “Nacionalismo galego aquén e alén mar” (1936-1975), Laiovento 2015, entre outras.

19 de xaneiro de 2016 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.