O BNG denuncia que o peche do caso Alvia pon en cuestión o funcionamento da xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A deputada do BNG Ana Pontón denunciou que o peche do caso Alvia “pon en cuestión o funcionamento da xustiza, que parece non atender ás razóns das vítimas”. Así se pronunciou a viceportavoz nacionalista no Parlamento galego, segundo informou a formación nun comunicado, respecto da decisión do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que desestimou todos os recursos contra o auto e puxo fin ao caso.

Neste sentido, Ana Pontón cualificou de “decepcionante e indignante” o peche do caso Alvia e denunciou que esta decisión “impide coñecer a verdade do sinistro de Angrois”.

Así mesmo, trasladou o seu apoio ás vítimas e os seus familiares e comprometeuse a seguir traballando ao seu lado para conseguir “que se coñeza a verdade” e se depuren “todas as responsabilidades”.

A deputada tamén reiterou que o Bloque se comprometeu a continuar coa súa petición dunha comisión de investigación que depure as responsabilidades “directas e indirectas”, así como a adopción das medidas necesarias para evitar que outro sinistro destas características repítase.

15 de xaneiro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.