O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo un monólogo humorístico
O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 10 de xaneiro a actuación do humorista Gonzalo Gastañaduy, máis coñecido como “Gás”.
Este coñecido humorista leva 5 anos facendo rir á xente por toda a provincia con máis de 140 monólogos repartidos entre teatros, centros sociais, pubs, cafeterías…
El mesmo define o seu humor negro, ácido, irónico e moi canalla, e tocará temas como a súa infancia, as relacións, crítica social e moito máis, polo que esta actuación vai destinada a un público adulto.
Estará no Auditorio municipal este domingo 10 a partir das 19:00 horas.
A entrada é libre.