Nova semana e novos retos do Santiago Futsal ante un rival directo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras concluír a 18ª xornada de Liga, os santiagueses comezan esta tarde unha nova semana de traballo coa mente posta no seu rival deste venres, Levante UD DM, rival directo na loita pola 8ª praza da táboa. Os de Santiago atópanse a tan só 4 puntos dos valencianos, que ocupan a 9ª praza, empatados a puntos (22) co 7º e 8º clasificado.

O plantel celeste, que recibíu un duro castigo na pista de Movistar Inter o pasado sábado (11-1), quere recuperar a serie positiva de resultados en casa, que ata o encontro da 16ª xornada ante Peñíscola RehabMedic, era de tres xornadas consecutivas puntuando ante a súa afección, coas vitorias ante Elche FC e Jaén Paraíso Interior e o empate ante Jumilla B. Carchelo.

Os de Santiago saben da importancia da vitoria ante un rival directo como Levante UD DM, que lles aproximaría á zona nobre da táboa antes de medirse a outro difícil rival como El Pozo Murcia no último encontro antes do parón ligueiro debido á Eurocopa de Fútbol Sala.

11 de xaneiro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.