Noriega considera que a polémica sobre a cabalgata é máis un debate de persoas maiores aburridas que de nenos
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, interpretou que a polémica sobre a cabalgata dos Reis Magos na capital galega foi “máis un debate de persoas maiores aburridas que de nenos, que é para os que está destinada a cabalgata”.
Así, e a preguntas dos xornalistas despois de que a oposición expresase críticas, sinalou que o voceiro do PP, Agustín Hernández, “a mesma noite de Reis gabou a cabalgata” a través dun tuit, postura que se cambiou ao día seguinte; mentres que o voceiro do BNG, celebrou a presenza de grupos de música infantil galegos e “ao día seguinte posicionase en función de como vén o vento”.
“Eu prefiro coller distancia”, afirmou Noriega, quen dixo que non se van flaxelar e que a cabalgata “pode gustar ou non”, pero organizouse “con cariño” e foi un “proceso participativo”. Ao fío diso, recordou que a cidade ten “grandes problemas”, como facer fronte a sentenzas contrarias á xestión do goberno anterior.
Dito isto, esperou que os Reis “cumpriran co seu labor” de levar regalos aos nenos e nenas da cidade, que estes pasaran “unha boa noite” e, con respecto a outro “tipo de críticas”: “se están contentos e están a gusto con ese tipo de dinámicas, moi ben, pero non están (o goberno) en fase apocalíptica”.
“Están facendo do detalle o pan noso de cada día”, lamentou en relación á oposición.











