Na procura de superheroínas
IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, lanzou unha campaña na procura de doadoras de óvulos.
Cunha estética innovadora centrada nunha superheroína, Iraga fai un chamamento a mulleres de entre 18 e 35 anos para que se solidaricen con outras mulleres que buscan formar unha familia.
A nova imaxe de Iraga identifica a cada muller como unha superheroína cun poder oculto, o de poder axudar a outras mulleres a seren nais.
A doazón é un proceso anónimo e altruísta, que dura arredor dun mes, practicamente sen riscos nin efectos secundarios. As pacientes, en IRAGA, contan sempre coa atención constante por parte do seu equipo especializado.
Actualmente existe unha lista de espera para as mulleres que non poden concibir fillos por elas mesmas e que necesitan óvulos nos seus tratamentos de reprodución.
A fecundidade é un ben perecedoiro, que a partires dos 35 anos empeza a perderse, e esta campaña tamén quere concienciar sobre esta problemática.
A doazón de óvulos é un procedemento desinteresado que atende a criterios de similitude entre doante e receptora e urxencia. Con todo, a Lei establece unha contraprestación económica para as doadoras polos desprazamentos e molestias causadas.
Equipo e servizos de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda
Iraga Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda leva desde o ano 2000 axudando a mulleres a cumprir o seu soño de seren nais. As súas instalacións están en Santiago de Compostela, onde ofrece un servizo integral.
O centro sempre destacou pola innovación e as súas taxas de éxito, superiores ás taxas marcadas pola ASEBIR (Asociación Española polo estudo da Bioloxía Reprodutiva).
Conta con departamentos de xinecoloxía, psicoloxía e embrioloxía. No centro, ademais de doazón de óvulos e de ofrecer un amplo catálogo de opcións para os pacientes que desexan ser pais, realízase ecografía en 4D.
Iraga forma parte de Anacer, Asociación Nacional de Clínicas de Reprodución Asistida, a maior rede de clínicas de reprodución asistida de España.
Todos os seus servizos e instalacións están avalados por un sistema de xestión da calidade referendado co selo ISO 9001.











