Moncho Fernández: “O Unicaja sempre está nos primeiros postos en intensidade e loita”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro pon rumbo este fin de semana a Málaga, onde se enfrontará o domingo (13:00 – Movistar+ e Yomvi) ao Unicaja, partido que os obradoiristas afrontan “nun bo momento de ánimo”.

Do rival, Fernández só pronuncia halagos: “Son un dos grandes cun grandísimo adestrador tamén. Ás veces por unha derrota réstaselle valor a cousas que fixeron todo este ano moi ben, por exemplo gañar a un tremendo CSKA Moscova na súa casa”

A pesar de xogar hoxe Euroliga en Atenas, o técnico non dubida da capacidade do rival para afrontar dúas citas tan seguidas: “Están confeccionados para iso, non lles vai a afectar. Teñen xogadores dabondo e Joan distribúe moi ben os minutos”, sentenza. Ademais, “están necesitados desta vitoria porque é crucial para a súa clasificación á Copa do Rei, o que os fai máis perigosos se cabe”, afirma. 

Referíndose ao seu xogo, considera que “como todos os equipos de Praza, son moi ordenados en ataque e excepcionais no rebote ofensivo”, ao que engade que “sempre están nos primeiros postos de intensidade, loita e pelexa”. “Teñen un persoal longo con dous ou tres xogadores de igual calidade en cada posto, e aí sente a súa potencia e reflíctese en tapóns ou balóns recuperados”, analiza. 

Para frealos, o primeiro será “estar ao nivel na batalla física”, así como “controlar o rebote ofensivo, frear o seu contraataque non tendo máis perdas do habitual que sexan agasallos e mellorar o noso nivel defensivo dos últimos partidos”. Nese aspecto, fai autocrítica o técnico, identificándoo como “falta de experiencia e exceso de nervios, non de actitude. Por iso pagámolo ante os equipos máis veteranos”

A día de hoxe, é dúbida nos obradoiristas Tyler Haws, que se perdeu o último adestramento por un virus estomacal. 

8 de xaneiro de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.