publicidade hoxe

Medio Ambiente colaborará na creación dunha senda ecolóxica fluvial no río Arenteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Piñor, José Luís González, ao que lle trasladou a colaboración da Xunta de Galicia na execución dunha senda ecolóxica fluvial no río Arenteiro ao seu paso por este municipio. Tal e como se recolle na proposta presentada, o sendeiro irá pola marxe dereita do río, comezando o seu percorrido na antiga fábrica de papel ten unha lonxitude de 400 metros. Beatriz Mato destacou que este itinerario fluvial porá en valor patrimonio natural deste concello, ao tempo que se habilitará a zona para o goce dos veciños.

29 de xaneiro de 2016 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.