publicidade hoxe

López Abella destaca en Cervo a labor da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a labor que leva a cabo a Asociación de Axuda o Enfermo Mental “A Mariña”, coma referente para a integración social, establecendo coma obxectivo prioritario a súa rehabilitación psicosocial e laboral.

A Asociación foi fundada en 1999, a instancia de cinco familias afectadas polo problema da enfermidade mental crónica, que se uniron para loitar por un obxectivo común, que é acadar que os enfermos mentais crónicos e as súas familias teñan unha axuda e apoio continuado.

A día de hoxe, a Asociación ten rexistrado máis de 200 socios dos concellos da Mariña, cunha gran carteira de voluntariado , ca misión permanente de proporcionar asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente para conseguir a súa rehabilitación, así como a das súas familias.

28 de xaneiro de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.