publicidade hoxe

Grandal e Valcárcel reciben ao profesor alemán Geiseler que pasará unha estancia profesional no IES Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
Recepción ao profesor alemán

Recepción ao profesor alemán

O profesor alemán Andreas Geiseler do instituto Vocacional BBS ‘Otto von Guericke’ da cidadealemá de Magdeburg, en Alemaña, foi recibido esta mañápolo alcalde de Salvaterra Arturo Grandal e a primeiraTenente de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel. Geiselerteráunha estancia profesional, desde onte ata o 1 de febrero, para impartir español e inglés no IES de Salvaterra así como coñecer o tecido industrial da contorna.

O profesor Geiselermantivo un encontró de más de media hora con Arturo Grandal e Marta Valcárcel. Estaba acompañado polo director do IES, Andrés Cabana e o responsable de proxectosinternacionais, Demetrio Prego. O alcalde obsequioucun libro sobre Salvarterraao profesor estranxeiro.

Durante a súa estancia o profesor  visitante ten un programa de actividades coa finalidade de comparar e coñecer a organización do centro, a actividade docente e coñecer o tecido industrial da contorna. Visitará a Universidade de Vigo, asistirá a actividades extraescolares de diferentes departamentos didácticos e se lle dará a coñecera contorna socioeconómica e cultural da que dispón Salvaterra de Miño.

Programa

Dende o curso 2014-2015, o IES SALVATERRA DE MIÑO pertence a unha rede de centros de acollida profesional de profesorado europeo.

Este programa foi convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na Resolución de 27 de maio de 2014 pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario, Formación Profesional ou de Ensinanzas de Réxime especial que desexanacoller, durante a súa estancia profesional, a un docente de Alemaña, Austria, Francia, Italia, Reino Unido ou Suíza.

Dende o curso 2014-2015, o IES Salvaterra de Miño foinomeado centro de acollida de referencia. O profesorado que recibe habitualmente é da Alemaña. É profesorado de distintos centros de ensino secundario de Alemaña:  Berlin e Magdeburg.

Esta acción está coordinada polo equipo de Programas internacionais do IES SALVATERRA DE MIÑO e ten como finalidade reforzar o conxunto de acción destinadas a favorecer intercambios culturais, coñeceroutrasmetodoloxías, fomentar a aprendizaxe de linguasestranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

19 de xaneiro de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.