publicidade hoxe

Francisco Conde aposta polo emprendemento no rural con axudas de reforzo da economía social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+
Francisco Conde na xuntanza con empresarios  de Chantada

Francisco Conde na xuntanza con empresarios de Chantada

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Chantada, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nun networking co empresariado no que expuxo as principais axudas que xa ten activas a Consellería para 2016, e que supón o 70% dos apoios para este ano. En total suman 185 millóns de euros para o fomento do emprego, o impulso do investimento empresarial, a innovación e internacionalización e a eficiencia enerxética.

Conde apostou polo diálogo permanente co tecido empresarial “para ser capaces de seguir a crear emprego e riqueza” e, deste xeito, avogou polo emprendemento no rural co axudas centradas na economía social para reforzar, entre outros, ao sector agroalimentario.

O titular de Economía destacou tamén a importancia de traballar cara á industrialización e transformación do sector lácteo. “A sostibilidade do sector pasa pola produción e transformación do leite”, subliñou. Neste senso, Conde afirmou que Chantada é “exemplo de iniciativas empresariais e referente no sector do cooperativismo” poñendo en valor o proxecto da coopearativa Icos, que contou co apoio de XesGalicia. “É un exemplo que seguiremos acompañando desde o Goberno galego”, afirmou.

Entras as diferentes liñas de axudas que xa ten en marcha o departamento autonómico destacan o fomento do emprego autónomo, no que a Xunta inviste este ano 20,5 millóns de euros ou as axudas para impulsar a economía social, especialmente no rural, como son a nova liña de capital risco de 5 millóns ou o programa de incentivos que suma 1 millón. Así mesmo, resalta o impulso da Xunta para a creación de cooperativas entre os menores de 30 anos. Conde tamén expuxo as axudas do Goberno galego cos concellos para apoiar a mellora da empregabilidade dos traballadores e traballadoras, como son os obradoiros de emprego aos que a Consellería destina este ano 14 millóns de euros.

Por último, o titular de Economía puxo en valor o esforzo que está a facer a Xunta “para “acompañar ao autónomo e o emprendedor, especialmente no rural”.

19 de xaneiro de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.