publicidade hoxe

Encarnación Rivas analiza co alcalde de Valga a viabilidade da ampliación das instalacións de Extrugasa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo un encontro co alcalde de Valga, José María Vello Maneiro, co fin de analizar a ampliación da empresa de perfís de aluminio Extrugasa, na área de solo urbanizable previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado en outubro de 2010.

A proposta inclúe a reordenación de catro ámbitos existentes, inmediatos á ubicación actual da empresa, así como o desenvolvemento dun novo sistema xeral viario para o seu axeitado funcionamento que conecte directamente coa estrada PO-548, ao cargo da empresa.

A secretaria xeral determinou co equipo redactor da proposta os criterios a seguir para a inmediata presentación do proxecto -por parte de Extrugasa- ante a administración local; e salientou a importancia de dar unha solución axeitada, en coordinación coa Axencia Galega de Infraestruturas, á conexión do sistema xeral viario coa estrada existente PO-458.

O alcalde trasladoulle á secretaria xeral que todas as cuestións tratadas serán incluídas nun convenio que asinarán o concello de Valga e Extrugasa, no que tamén se recollerá o desenvolvemento dun parque fluvial público de 48.000 m2 a ambos marxes do Río Valga que conectará os núcleos de Valga e A Devesa.

8 de xaneiro de 2016 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.