Economía, Emprego e Industria destaca o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio compostelán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Sol Vázquez no sorteo da campaña. Foto: X. Crespo

Sol Vázquez no sorteo da campaña. Foto: X. Crespo

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe no sorteo dun coche co que Compostela Monumental pechou a súa campaña de Nadal o importante papel que xogan na dinamización do comercio compostelán os centros comerciais abertos da cidade, que contan co apoio de Economía, Emprego e Industria.

A Consellería vén de activar o programa de axudas para impulsar o labor que realizan os CCA e as asociacións de praceiros, dotado con 2 millóns de euros e do que o ano pasado se beneficiaron 48 centros comerciais abertos e 23 asociacións de praceiros.

Xunta con esta liña de apoios, véñense tamén de poñer en marcha os centrados en impulsar o smart commerce, o comercio electrónico e a modernización; así como os destinados ás asociacións de comerciantes para a incentivación do consumo, e os centrados na transmisión comercial.

En total, os programas de axudas postos a disposición do comercio de proximidade neste primeiro mes do ano pola Consellería de Economía, Emprego e Industria suman 5,6 millóns de euros, co obxectivo de seguir apoiando un sector clave na recuperación económica.

15 de xaneiro de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.