Dúas novas actuacións de humanización na zona Termal de Cortegada
O Concello de Cortegada está a executar duas novas actuacións de humanización na zona Termal. Así, estanse a levar a cabo as obras de dotación de beirarrúas e alumeado na Rúa Baño do Monte e as de acondicionamento da área recreativa que está na contorna do Balneario Novo.
Con estas actuacións vense a adecuar toda esta área termal, dando por finalizadas e executadas as obras proxectadas na zona. Esta área atopábase ata o ano 2008 totalmente degradada e abandonada, con uns accesos de terra á Piscina Pública en moi mal estado. Así, o Concello conseguiu convertila nunha zona de paseo, ocio e recreo, perfectamente acondicionada e adecuada, a través da dotación de beirarrúas e alumeado nos accesos, de un parque infantil, de limpeza e acondicionamento de zonas naturais degradadas…
Dende o ano 2008, data na que se comenzou coa execución deste proxecto, a inversión na área termal superou os 400.000 euros, ademais dos dous millóns de euros invertidos no Edificio do Novo Balneario.