Continúa activa a campaña de socios “Eu Son do Futsal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A piques de cumprirse un mes desde a presentación da campaña de socios ·Eu son do Futsal”, unha iniciativa coa que o club santiagués quere facer do Santiago Futsal un club máis próximo aos seus afeccionados, a campaña segue adiante sumando novos socios que mostran o seu apoio ao club.

Tras as diversas reunións que se mantiveron coas peñas do Santiago Futsal, cos pais dos xogadores da base e afeccionados do club celeste, xa son moitos os interesados que se uniron a este proxecto común, diferenciado e rico en valores. Co obxectivo social de abrir o club á cidadanía e que todos os socios síntanse parte dunha entidade diferente e comprometida como é o Santiago Futsal, o club promove esta campaña nun momento no que necesita de apoio económico para ser viable e continuar competindo na máxima categoría do fútbol sala español, así como prolongando a formación dos máis de 200 nenos que integran os seus equipos da base.

Para realizar a inscrición de socio haberá que entregar a solicitude debidamente cumprimentada e abonar a cota mínima de inscrición,  que é de 100€ no caso dos socios numerarios (maiores de 18 anos) e 25€ os socios aspirantes (menores de 18 anos).

Por outra banda, o club está a realizar o Cartón Boomerang de Galuresa nas súas oficinas do Fontes do Sar, un acto de colaboración entre a entidade deportiva e as Estacións de Servizo de Santiago de Compostela grazas á relación de colaboración que se estableceu entre ambos. Co Cartón Boomerang de Galuresa obterás vantaxes nas Estacións de Servizo de Galuresa como o desconto en combustible de entre 3 e 5 céntimos por litro enchido, 5% de combustible gratis de cada compra en Claudio Express e puntos acumulable en Travel Club.

25 de xaneiro de 2016 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.