publicidade hoxe

Consellería de Ordenación do Territorio e Concello do Porto do Son colaboran para avanzar no PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, para analizar o estado actual da tramitación do PXOM e verificar os derradeiros avances incorporados no documento antes de que sexa sometido á aprobación provisional polo Pleno municipal, e a continuación enviado á Xunta para a súa aprobación definitiva.

O encontro desta mañá puxo o fin a unha decena de reunións celebradas 2014 nas que os técnicos de ambas as dúas administracións traballaron conxuntamente para pechar un documento no que se subsanen as indicacións realizadas polo departamento autonómico, a maior parte relacionadas cos reaxustes das delimitacións dalgúns dos 140 núcleos rurais existentes no municipio.

Vindeiros pasos

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que trala aprobación provisional, a Xunta disporá dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Unha vez superado este trámite, tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM e emitir a correspondente orde, período que empeza a contar unha vez que este completo.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento do concello nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 200.000 euros.

Antedecentes

Aínda que o PXOM de Porto do Son foi contratado en 1999, non recibiu un impulso decisivo ata abril 2011, cando foi enviado polo actual Goberno Municipal para o IPAI, Informe previo a Aprobación Inicial, que emitiu a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio en xuño de 2011.

A continuación o ritmo da tramitación destacou pola súa axilidade: aprobación Inicial polo Pleno municipal en febreiro de 2012, exposición pública, análise das 650 alegacións recibidas, solicitude e emisión favorable dos preto de 30 informes sectoriais, tramitación urbanística e ambiental, etc.

A entrada en vigor do PXOM porá fin ás normas Subsidiarias de planeamento vixentes dende outubro de 1994, hai 22 anos.

14 de xaneiro de 2016 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.