Concurso de Playbacks do Entroido do Grove
Dentro do programa de actividades deste Entroido, o Concello do Grove anima aos rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos a participar nun concurso de playbacks que terá lugar o mércores de entroido pola tarde nunha carpa que se habilitará na praza do Corgo. Esta actividade conta con patrocinio de EMGROBES e premiará ás mellores interpretacións en “playback” de grupos, parellas e individuais. O Xurado elexirá un gañador único en cada categoría que recibirá un vale de compra no comercio local por valor de 150, 100 e 50 euros respectivamente.